martes, 28 de abril de 2015

Principios do Electromagnetismo

1º.- Toda corrente eléctrica crea un campo magnético.
Cando por un cable condutor circula unha corrente eléctrica, créase arredor un campo magnético, que será menos intenso a medida que nos alonxamos del. As "liñas de campo" indican a dirección do campo magnético, é dicir, a dirección e o sentido no que se orientaría unha brúxula situada nese punto en concreto.

http://www.unizar.es/lfnae/luzon/CDR3/phs/mfwire_s.htm

Para coñecer o sentido das liñas do campo magnético podemos aplicar a "regra da man dereita": Se colocamos o dedo polgar no sentido de circulación da corrente eléctrica, os demais dedos indicarán o sentido do campo magnético.


2º.- Se movemos un cable condutor dentro dun campo magnético, aparece nos seus extremos unha forza electromotriz (tamén chamada, tensión ou voltaxe eléctrico).




Este é o principio de funcionamento dos Xeradores de Corrente Eléctrica:



3º.- Cando por un cable condutor, situado dentro dun campo magnético, se fai circular unha corrente eléctrica, aparece sobre o cable unha forza que o induce ó movemento.

http://www.unizar.es/lfnae/luzon/CDR3/phs/lorentzforce_s.htm

Estas forzas coñézense con as "Forzas de Lorent"