martes, 21 de abril de 2015

Como funciona un Altavoz

Altavoz Dinámico:

A gran maioría dos altavoces utilizados hoxe en día son de tipo dinámico. Un altavoz dinámico está composto por un imán permanente que crea un campo magnético constante, unha bobina móbil que creará o seu propio campo magnético, variable, e que fará que a bobina se desprace nun determinado sentido, cara dentro ou cara fora, e o cono ou diafragma, que se moverá solidario á bobina e que producirá unha vibración no aire exterior producindo o son.