Resistividade dun material
A resistividade dun material poderíase medir en:
𝛺⋅mm²
──────
m
Tendo en conta esta unidade de medida, o valor da resistividade dun material indicaría a resistencia R que tería 1m de cable de 1mm² de sección, feito dese material.
Aquí tendes unha táboa de resistividades de algúns dos metais máis coñecidos:
Resistencia dun cable conductor (R)
A resistencia dun cable conductor depende da resistividade do material co que estea feito ρ (a maior resistividade maior resistencia), da súa lonxitude L (a maior lonxitude maior resistencia), da súa sección S (a maior sección menor resistencia).
Coa seguinte fórmula podemos calcular a resistencia eléctrica que tería un cable conductor dunha sección, lonxitude e material determinados.
R → Resistencia Eléctrica. Mídese en Ohmios (𝛺)
ρ → Resistividade Eléctrica. Mídese en 𝛺⋅mm²/m. (No SI en 𝛺⋅m)
L → Lonxitude do cable. Mídese en metros (m)
S → Sección do cable. Mídese en metros (mm²). (No SI en 𝛺⋅m)