miércoles, 30 de noviembre de 2016

Calor e Temperatura

O CALOR (entendido como a enerxía térmica que ten un corpo) está relacionado coa vibración molecular das partículas (átomos e moléculas) que forman parte dese corpo.
Canto máis intensa é a vibración das partículas maior será a súa temperatura e en consecuencia maior será a "cantidade de calor" que ten dito corpo.



A "cantidade de calor" que ten un corpo ben sendo a "cantidade de enerxía calorífica" que posúe debido a esta vibración das súas partículas internas, e depende das seguintes variables:


TEMPERATURA: Canta máis temperatura maior "cantidade de calor"

 MASA: Canta máis masa maior "cantidade de calor"

Non se debe de confundir nunca "calor" e "temperatura". Que un corpo teña máis temperatura que outro non quere dicir que teña máis cantidade de calor:


ENERXÍA TÉRMICA
Como enerxía térmica que é, o calor pódese medir na unidade de enerxía do Sistema Internacional de medidas (S.I.), o Julio (ou Joule en inglés) (J)

Outra unidade de enerxía moi relacionada co calor e coa alimentación é a “caloría”:


 1 Julio = 0,24 calorías



CERO ABSOLUTO DE TEMPERATURA
A enerxía calorífica desaparece no cero absoluto de temperaturas, cando non existiría vibración de partículas. Isto sucede a cero grados Kelvin.

0 K = -273,15 °C




ESCALAS DE TEMPERATURA A temperatura absoluta ou termodinámica (T) mídese en grados kelvin.



Para convertir de K a ºC usa a fórmula: ºC = K – 273.1

Para convertir de ºF a ºC usa a fórmula: ºC = (ºF-32) ÷ 1.8