Existen dous tipos de carga eléctrica nos átomos:
- Protóns con carga eléctrica Positiva + (sen capacidade de moverse)
- Electróns con carga eléctrica Negativa - (con capacidade de saltar de átomo en átomo no caso dos metais)
- Os neutróns non teñen carga eléctrica.
1 Culombio = 6,25 x 10 ^ 18 electróns
Vídeo: Carga eléctrica
Intensidade de corrente eléctrica:
A corrente eléctrica é un conxunto de electróns en movemento. A intensidade de corrente eléctrica I é a cantidade de carga eléctrica Q (cantidade de electróns) que pasa por un cable ou dispositivo eléctrico na unidade de tempo t :
I = Q / t
A intensidade de corrente eléctrica mídese en Amperios. Un amperio equivale a unha circulación de electróns de un culombio cada segundo.
Vídeo: La corriente eléctrica